Ribeira e Porto do Son solicitan o oitavo obradoiro de emprego conxunto

RIBEIRA> Os concellos de Ribeira e Porto do Son volverán solicitar un obradoiro de emprego conxunto. A oitava edición do Tahume formará a 20 mozos nas especialidades de cociña e confección de redes e aparellos de pesca.

Os alcaldes de Ribeira e Porto do Son procederon xa á sinatura do convenio para solicitar un novo obradoiro de emprego conxunto. Trátase xa da oitava edición do Tahume, que leva preto dunha década formando a mozos desempregados de ámbolos dous concellos con grandes resultados no que se refire a nivel de inserción laboral.

Nesta edición, prevense dúas modalidades. O primeiro deles un módulo de operacións básicas de cociña e pastelería que se desenvolvería na escola municipal de hostalería situada no mercado de Ribeira. A outra especialidade,a  impartir no concello sonense, inclúe a confección e montaxe de redes non só destinadas á actividade pesqueira senón tamén dende un punto de vista de deseño, vinculado coa Fundación de Artesanía de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí