Zona Aberta sorterá 500 en vales compra coa campaña do día da nai

VILAGARCIA> A asociación de comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía sorteará un premio de 500 euros en vales compra coa campaña do día da nai. Baixo o lema Mereces isto e máis, os comerciantes de Vilagarcía poñen as súas esperanzas nunha campaña que sempre soe ter boa acollida. As rifas comezarán a entregarse mañá coas compras nos comercios asociados e o premio sortearase o 2 de maio.

Baixo o lema Mereces isto e máis, a asociación de comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía lanza a campaña do día da nai. O slogan é unha homenaxe ás mulleres traballadoras, ao coincidir o día da nai co 1 de maio, día dos traballadores.

Os clientes recibirán unha rifa por cada compra que realicen nos comercios asociados e entrarán no sorteo dun vale compra de 500 euros.

Dende a asociación agardan unha boa acollida desta campaña.

Coa mellora da situación sanitaria, a asociación recupera o agasallo da canastilla para a primeira nai que dea a luz ese día no hospital do Salnés.

Dende a asociación agardan que a mellora da situación sanitaria tamén invite á xente a participar na campaña e a comprar no comercio local. Un apoio necesario, segundo indican, por todas as dificultades que está atravesando o sector.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí