O PP pide ó goberno central medidas para apoiar ó sector da pesca e da conserva

BOIRO> O Partido Popular de Galicia pide ó goberno central un maior apoio ó sector pesqueiro, Así o manifestaron o responsable autonómico de Mar, Alfonso Villares, e a vicesecretaria de desenvolvemento sostible do PP, Paloma Martín, nunha visita ó Centro Tecnolóxico de Jealsa en Boiro.

O Conselleiro do Mar e a vicesecretaria de Desenvolvemento Sostible do PP, Paloma Martín, xunto coa deputada no Congreso, Rosa Quintana, realizaron esta mañá unha visita ás instalacións da conserveira Jealsa. Alí, tras coñecer o centro tecnolóxico do Bodión, os representantes do Partido Popular defenderon a importancia da conserva como sector estraxético da economía española.

Por esta razón, instan ó goberno central a tomar medidas encamiñadas a defender á flota como a rebaixa do IVE do peixe como produto de primeira necesidade ou a posta en marcha de campañas de promoción do consumo de produtos do mar.

Dende o PP traballan tamén na posta en valor do sector a nivel europeo e nacional coa creación dunha Comisaría de Pesca no novo goberno en Bruxelas así como a posta en marcha dunha comisión específica de Pesca no Senado.

Tralo seu paso por Jealsa, os mandatarios poplares desprazáronse tamén ata a Pobra para coñecer as instalacións de Congalsa.