Caleiro recupera as festas de San Isidro o Labrego grazas a iniciativa de cinco mozos

VILANOVA> Un grupo de rapaces de Caleiro permite que Vilanova recupere as festa de San Isidro O Labrego 9 anos despois. Os festexos incluirán o seu tradicional desfile de tractores e a pinchada popular con produtos da terra. A celebración terá lugar os días 14 e 15.

As festas de Caleiro volverán a celebrarse nove anos despois. Dende o 2013, a festa non contaba con organizadores, pero un grupo de mozos colleu as rendas no ano 2020 para retomar a súa tradición. A pandemia obrigoulles a pospoñer o seu regreso pero neste 2022 por fin Caleiro volverá a gozar da Festa de San Isidro o Labrego.

A festa celebrarase a vindeira fin de semana. O sábado 14 a programación comezará cos pasacalles, a misa e procesión de tractores e carros.

Ao rematar a procesión terá lugar a entrega de premios e un xantar popular ameniza co dúo La Mecánica e con Lore Eventos realizando actividades para os nenos e nenas.

A festa rematará o sábado cunha verbena que contará coas actuacións das orquestras Miramar e Los Coleguitas. O domingo a celebración terá lugar nos Muíños de Curras. A programación este día inclúe a misa, os pasacalles e a procesión. A festa conta co apoio do concello de Vilanova.

Dende a comisión mostran o seu agradecemento por toda a colaboración que están recibindo para poder retomar a festa. Agardan que a xente se achegue para que poidan gozar da súas paisaxes, da comida, dos tractores adornados e da súa verbena.