Coñecer o traballo do mar é posible grazas á iniciativa Mariñeiro por un día

SANXENXO> Pescar polbos e centola é posible grazas a actividade Mariñeiro por un día que realizan embarcacións como a Playa de Sanxenxo. Os tripulantes da embarcación están formados como guías mariñeiros o que lles permite compartir a xornada laboral con visitantes. Esta actividade permite que a xente coñeza de primeira man o mundo do mar e a súa vez aliviar os gastos dos buques.

Calquera persoa allea ao mundo do mar ten dende hai uns anos a posibilidade de converterse en mariñeiro por un día. Isto é posible grazas a unha actividade que realizan algunhas embarcacións das nosas costas como é o caso do Playa de Sanxenxo.

A actividade permite que os visitantes compartan unha xornada de traballo cos mariñeiros. Os tripulantes da embarcación están formados para exercer tamén de guías turísticos. O proxecto Mariñeiro por un día permite que a xente coñeza o mundo do mar e as súa vez que os barcos consigan ingresos.

Os visitantes puideron ver como se recollían as nasas e se seleccionaban os polbos e as nécoras, xa que os que non teñan o tamaño adecuando, regresan ao mar.

A duración da xornada rolda as 6 horas. Os visitantes van a diferentes puntos a ver a recollida de nasas, visitan a costa de Sanxenxo e incluso puideron ver de preto o veleiro Bribón de Juan Carlos I. Unha experiencia que consideran moi positiva.

Os visitantes tamén poden levar as súas cañas e pescar nas costas de Sanxenxo. A xornada complétase cunha degustación de produtos típicos do mar.