Pontón preséntase como a ‘alternativa’ a Rueda e o PSdeG fala dun candidato ‘falto de ilusión’

GALICIA> Os grupos da oposición consideran que o discurso de Alfonso Rueda foi autocomplacente. A voceira nacional do BNG, e líder da oposición, presentouse xa como a alternativa nas vindeiras eleccións. Ana Pontón entende que hoxe comezou a conta atrás para un cambio de goberno encabezado polo Bloque. Pola súa banda, os socialistas cren que o discurso do popular foi unha repetición do de Feijóo hai dous anos. Con todo ofrécenlle a Rueda acordos en materia económica, política social e atención primaria.

O BNG considera que o de Rueda foi un discurso ‘autocomplacente, despegado dos problemas e sen ideas de futuro, que representa o pasado’. Trala intervención do popular no Parlamento, a voceira nacional do Bloque presentouse acomo a alternativa nas vindeiras eleccións. Ana Pontón entende que hoxe comezou a conta atrás para un cambio de goberno en Galicia, que aspira a lidera-lo BNG.

O discurso de Alfonso Rueda tampouco convence aos socialistas. Aínda que lle tenden a man para chegar a acordos en materia económica, política social ou atención primaria; os socialistas falan dun candidato ‘falto de ilusión’ e sen mensaxe de futuro para Galicia.

Pola súa banda, o grupo popular considera as propostas presentadas esta mañá ‘moi apropiadas’. O seu voceiro parlamentario entende que con Rueda, a ‘estabilidade’ de Galicia está garantida.

O vindeiro xoves retomarase o pleno de investidura, coa intervención dos tres grupos parlamentarios. O venres, o presidente da Cámara trasladaralle ao Rei o nomeamento de Alfonso Rueda, que será investido titular da Xunta o vindeiro sábado ao mediodía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí