O Concello do Grove reunirase coas 25 familias que quedaron sen praza na escola infatil para buscar solucións

O GROVE> Os pais e nais dos nenos e nenas que quedaron sen praza na escola infantil do Grove reuniranse co alcalde para buscar solucións. José Cacabelos téndelle a man estas familias para atopar alternativas e que os seus pequenos non queden sen escolarizar. Nesta situación atópanse máis de 25 cativos.

A pasada semana facíanse públicas as listas dos nenos e nenas que obtiñan praza para a gardería da vila. Unha listaxe que se cubría deixando fora a máis de 20 cativos. Esta gardería é a única da que dispón o concello do Grove, co que os país e nais quedan se alternativa para escolarizar aos seus fillos. Ante esta situación, os afectados non tardaron en saír á rúa esixindo solucións.

A opción que teñen as familias é levar aos seus fillos Sanxenxo ou pola contra deixalos sen gardería.

O alcalde ofreceuse a buscar unha solución e unha pequena representación dos pais e nais reuníronse con el. Na xuntanza decidiron programar un encontro máis amplo con todos os afectados para coñecer as súas demandas.

Solucións que para os país e nais pasan por atopar unha nova localización.

Dende o concello tamén sinalan que este problema non é culpa deles, se non da xunta de Galicia, e que levan anos pedíndolle e ofrecéndose a colaborar para realizar unha ampliación da gardería que non se dá levado a cabo.

Outras das solucións que manexan dende o concello do Grove é a de utilizar como gardería a casa das monxas. Un edificio que leva preto dun ano en trámites de compra e que podería ser municipal ao longo deste mes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí