PONTEVEDRA> Pontevedra quere converte-lo edificio municipal de Santa Clara nun espazo multidisciplinar centrado na igualdade. A idea do goberno local é reacondiciona-lo andar que vai deixar libre o GDR, coa creación dun ampla zona onde poder impulsar actividades que fomenten, entre outras cousas, a integración da muller no ámbito laboral e económico. O concello confía en que poida estar operativo antes de que remate este ano.
Cando o GDR de Pontevedra – O Morrazo marche á súa nova sede nos Campos, estas instalacións quedarán baleiras. Para darlles unha nova vida, o goberno local anuncou hoxe a súa remodelación, para converterse nun espazo multidisciplicar centrado no fomento da igualdade, denominado ‘Redeira’.
O edificio seguirá sendo a sede do Centro de Información á Muller e do Centro de Información sobre Diversidade Sexual e Afectiva. O novo espazo centrará os seus esforzos no fomento da igualdade e na integración da muller en ámbitos como o laboral e o económico
O proxecto contempla tamén a cesión das instalacións para calquera colectivo que impulse actividades relacionadas con esta materia. O expediente de contratación desta reforma xa se iniciou. Terá un prazo de execución de dous meses. O goberno confía en que este novo espazo poida estar operativo antes de que remate este 2020.
A remodelación suporá un investimento de case 91.000 euros. A obra está financiada nun 80% por Fondos Europeos.