Os ‘influencers’ Rogelio Santos e María Maceiras presumen en Fitur do xeodestino Muros-Noia

MADRID> O xeodestino ría de Muros-Noia aprovéitase do tirón dos ‘influencers’ locais Rogelio Santos e María Maceiras para promocionarse este ano en Fitur. Dende a entidade incidiuse na posta en valor da sostinibilidade da pesca e o marisqueo, a través dun documental con testemuños dos propios veciños da zona para dar a coñecer os verdadeiros atractivos da comarca.

Cun formato diferente ó de edicións anteriores, o xeodestino ría de Muros-Noia, presentouse en Fitur destacando a vinculación desta comarca co mar, a través da pesca e o marisqueo, como un valor seguro e sostible por natureza.

Nun vídeo, no que os protagonistas son os propios habitantes da contorna, vanse contando diferentes experiencias que exemplifican a relación que estes manteñen, dende sempre co mar, un espazo privilexiado, e con moitos encantos aínda por descubrir.

Este ano, na presentación da feira, contaron ademais con dous rostros coñecidos da zona, como son os ‘influencers’ Rogelio Santos, de Porto do Son, e María Maceiras, de Muros. Os dous encargáronse de poñer en valor as excelencias do xeodestino, como un lugar apetecible para visitar, con enormes potencialidades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí