BOIRO> O concello de Boiro vén de solicitar á Consellería do Mar que poña solución ó conflito entre bateeiros e mariscadores. Dende o sector mexilloeiro demandan a apertura de zonas costeiras nas que abunda a cría de mexillón e non afectan á extracción de percebe.
Ante a falla de resposta por parte de Consellería en relación ó conflito da mexilla, os bateeiros de Cabo de Cruz solicitaron apoio ó concello para obter información sobre os pasos dados pola administración para solucionar a problemática xurdida entre mexilloeiros e percebeiros sobre as zonas de extracción da cría de mexillón.
Dende o sector demandan que se estuden aquelas zonas do litoral que si presentan cría de mexillón e non percebe pero que de momento permanecen pechadas.
O alcalde amosou a súa preocupación ante os prexuízos que se lle están a ocasionar a un sector fundamental para a economía de Boiro, que é o principal produtor de mexillón da ría de Arousa.