A asociación Mulleres Salgadas organiza un taller Rcp en Cambados para mariscadores e mariscadoras a pé

CAMBADOS> Cambados organizará un curso de primeiros auxilios e Rcp para as mariscadoras e mariscadores a pé. A intención do concello e a Asociación Mulleres Salgadas é dotar ás traballadoras do mar dos coñecementos necesarios para actuar coa maior rapidez en caso de que unha compañeira sufra unha parada cardiorrespiratoria.

A asociación Mulleres Salgadas e o concello de Cambados colaboran para organizar un taller RCP para os mariscadores e mariscadoras a pé da contorna. Dende a asociación, fixeron a proposta ao concello buscando dotar aos traballadores e traballadoras do mar dos coñecementos necesarios para actuar con urxencia en caso de que un compañeiro sufra unha parada cardiorrespiratoria.

O curso conta con 30 prazas que xa están cubertas debido á gran demandan de mariscadoras e mariscadores da contorna, especialmente de Cambados. O taller será impartido por Rocío Amézaga.

Dende Mulleres Salgadas valoran moi positivamente a realización deste curso, xa que os coñecementos na reanimación cardiopulmonar poden salvar as vidas dunha compañeira.

O taller terá lugar o día 2 de xaneiro no Salón Peña. Para realizalo, a experta poderá contar con dous bonecos prestados por Protección Civil. O día 4 tamén terá lugar outro taller Rcp para as mariscadoras a pé en Cabo de Cruz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí