A Pobra acolle a última etapa da Volta Ciclista á Provincia da Coruña

A POBRA> A Pobra do Caramiñal será sede da Volta Ciclista á Provincia da Coruña que se celebrará esta fin de semana. A proba está organizada pola Deputación da Coruña e a Federación Galega de ciclismo.

A decimo novena Volta Ciclista á provincia da Coruña terá como sede os concellos de Ortigueira, A Laracha e A Pobra.

Esa etapa final discorrerá por tódolos concellos do Barbanza con saída da praza maior da Pobra e chegada á Curota, onde culminará o percorrido e terá lugar a entrega de premios.

Ademais da importancia deportiva, o alcalde da Pobra destacou os beneficios que supón para o concello acoller unha proba como esta que mobilizará a un milleiro de persoas entre ciclistas, organiziación e público.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí