Boiro traballa pola igualdade a través da Mesa fronte á Violencia de Xénero

BOIRO> O concello de Boiro vén de constituír a Mesa de Coordinación Institucional fronte á Violencia de xénero. O obxectivo deste órgano é fomentar a igualdade e buscar unha maior eficiencia na resposta ante a violencia.

A primeira xuntanza da Mesa de Coordinación Institucional fronte á Violencia de Xénero serviu para poñer en común os protocolos que seguen os corpos de seguridade ante situacións deste tipo así como a elaboración dun directorio de contactos de interese para poder facilitarllo a persoas que o precisen.

Ademais dos membros do goberno e da corporación local, na mesa están representados os colectivos da Policía Local, a Garda Civil e a Policía Nacional así como responsables de centros educativos, servizos sanitarios e entidades como Cruz Vermella, Amicos e Unión de Muchachas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí