SANXENXO> Ao redor de 130 equipos participarán no IV rally de Pontevedra. A proba que se celebrará do 24 ao 26 de xuño transcorrerá polos concellos de Sanxenxo, Meaño, Moraña e Cerdedo Cotobade. Serán 118 quilómetros de competición en catro tramos diferentes.
Os rallys volverán á comarca do Salnés e de Caldas, e de novo a saída terá lugar en Sanxenxo. O equipo local Congostra Team organizará do 24 ao 26 de xuño o IV Rally de Pontevedra. Unha competición na que se agarda a participación de preto de 130 equipos.
O rally terá lugar a través de catro tramos, partindo dende Sanxenxo e percorrendo os concellos de Meaño, Cerdedo Cotobade, Campo Lameiro e Moraña. En total será 118 quilómetros de proba para o goce dos afeccionados.
Dende Sanxenxo mostraron a súa gratitude por poder acoller unha proba que cualifican de espectacular.
O IV rally de Pontevedra tamén conta co apoio da Deputación. Dende o ente provincial destacaron a gran cantidade de persoas que traballaban nun evento como este.
Pola súa banda, a xunto puxo en valor a importancia destes campionatos para poñer ao automobilismo galego como un referente.
O rally forma tamén parte do circuíto galego. Un campionato composto por 25 probas.