PONTEVEDRA> Neste 2022, Pontevedra volverá ter Feira Franca. Tras dous anos de parón pola pandemia, o evento medieval da cidade súmase á listaxe de citas que regresan. Será os días 2 e 3 de estembro, recuperando todos os elementos que a converteron nunha das propostas máis populares do verán. Este ano co Lérez e a Ponte do Burgo como protagonistas.
Boas novas para a veciñanza de Pontevedra. A Feira Franca regresa este 2022. Será os días 2 e 3 de setembro.
O concello está a ultimar os preparativos para poder presentar a programación completa para este popular evento. O que si adiantou a edil de Festas é que este ano o Lérez e a ponte do Burgo serán protagonistas.
Polo de momento, entre o 15 de xuño e o 15 de xullo no antigo conservatorio da rúa Alfonso XIII abrirá as súa sportas a oficina da Feira Franca. E é que a cita volve ao 100%.
Como xa é tradición, a Feira Franca despide a programación de festas do verán de Pontevedra. A intención do goberno local é tamén aquí recuperar a normalidade, pero mantendo parte do modelo que se puxo en marcha na pandemia.
Outra das grandes citas do verán ía ser o concerto que Enrique Bunbury ía ofrecer na cidade o 12 de agosto, organizado polo Xacobeo. Trala decisión do cantante de cancelar a súa xira, Silva adiantou que xa mantiveron contactos coa Xunta para buscar unha alternativa que se celebraría noutra data.