Arde por completo un vehículo en Teaño

BOIRO> Esta pasada madrugada ardía un vehículo no lugar de Teaño. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais, aínda que o turismo quedou calcinado por completo.

Ata o lugar do suceso desprazouse esta mañá unha dotación do parque comarcal de bombeiros co fin de intervir no arrefriamento do mesmo.

Polo de agora descoñécense as causas do incendio, aínda que todo apunta a que puido deberse a un fallo eléctrico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí