‘Merca, filliño, merca’: a proposta do Castro Alobre para fomentar o galego no comercio vilagarcián

VILAGARCÍA> ‘Merca, filliño, merca’ é o lema da proposta gañadora da campaña de dinaminazación lingüística do IES Castro Alobre, en Vilagarcía. Este ano, a iniciativa centrouse na promoción do comercio local. O deseño gañador plasmouse xa sobre carteis e libretas, que agora van ser repartidas polos establecementos da cidade. Na edición deste ano do concurso participaron unha vintena de rapaces.

Está e o deseño gañador da campaña de dinaminazación lingüística do IES Castro Alobre, en Vilagarcía. A súa autora chámase Carlota Magán, ten 15 anos e cursa 3º da ESO.

Canda ela, hoxe coñecemos os outros dous finalistas desta iniciativa. Este ano a actividade estaba destinada á promoción do galego no comercio local. A proposta gañadora foi plasmada nestas libretas que, agora, vanse repartir entre os establecementos da cidade.

Esta iniciativa do equipo de normalización lingüística do Castro Alobre conta coa colaboración do Concello de Vilagarcía, que se encarga de financia-la impresión das libretas da campaña. Dende o goberno local animan á rapazada a seguir traballando a prol da recuperación do noso idioma.

O vindeiro martes a rapazada vai face-lo reparto das libretas polo comercio local da cidade, confiando en que sirvan para que a veciñanza tome boa nota da importancia de seguir traballando polo galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí