Porto de Vilagarcía cede o terreo de comandancia ao concello para avanzar no proxecto do novo centro de saúde

VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía e a Autoridade Portuaria asinan o concello para a cesión do edificio da comandancia marítima. Esta sinatura englóbase dentro do acordo acadado por ambas partes máis a Xunta para a construción do novo centro de saúde. O concello poderá ceder agora os terreos ao goberno autonómico para comezar coa construción do novo ambulatorio mentres o Porto avanza cos trámites da desafectación.

A tres partes implicadas, concello de Vilagarcía, porto de Vilagarcía e Xunta continúan cos trámites para desenvolver o proxecto do novo centro de saúde de Vilagarcía. O novo ambulatorio construirase no terreo da vella comandancia marítima da vila. Unha parcela que pertence a portos e que acaba de ser cedida ao concello de Vilagarcía.

A cesión faise para que concello e Xunta poidan continuar cos trámites para construír o novo centro de saúde mentres o Porto de Vilagarcía non desafecta os terreos.

O concello pagará a cesión mentres o terreo non estea desafectado. Cando se dea esta situación, o concello mercará a parcela. O goberno matiza esta cuestión para desmentir que a cesión teña un custo de 4 millóns de euros como denunciaba a oposición.

O próximo paso do proxecto será o acordo entre o concello e a Xunta para poñer a disposición do Sergas a construción do centro de saúde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí