Rianxo formaliza a súa saída de Rañeir@s da Ría

RIANXO> A confraría de Rianxo fixo efectiva a súa saída da asociación Rañeiros da Ría. Trátase dunha decisión adoptada polo xunta xeral xa a finais do pasado ano ante o desacordo na xestión dos bancos de libre marisqueo.

Rañeiros da Ría constituíase en abril de 2018 co obxectivo de que as propias confrarías asumiran a xestión do libre marisqueo. Transcorridos dous anos, algúns dos pósitos consideran que o proxecto ten fracasado.

A pesar da súa marcha, o patrón maior de Rianxo ve viable o futuro da asociación sempre que se cambie o modelo de xestión, especialmente no que respecta á sobreexplotación dos Lombos do Ulla.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí