Rianxo quenta motores para o 18 Encontro da Zanfona

RIANXO> Mañá ás nove da noite arrancará o Encontro Internacional da Zona da Zanfona en Rianxo cun concerto moi especial que terá lugar no auditorio.

O sábado, a música trasladarase á praza de Rafael Dieste co concerto internacional a cargo do italiano Francesco Giusta e o dúo portugués integrado por Pedro Viana e Joao Martins. O domingo a mediodía o pazo de Rianxiño acollerá a xuntanza de escolas de zanfona de Galicia que posteriormente disfrutarán dun xantar de confraternidade.

Este ano destaca como novidade a estrea do documental ‘Arredor da Roda’ que pechará o encontro o domingo ás sete e media no auditorio. Durante toda a fin de semana desenvolveranse tamén clases tanto para principiantes como para expertos na materia así como obradoiros de baile e de construción de zanfonas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí