O desdobramento do corredor Brión-Noia conta con informe ambiental favorable

NOIA> Novo paso adiante para a conversión do corredor Brión-Noia en autovía. A Xunta de Galicia vén de emitir informe de impacto ambiental favorable a esta actuación.

Unha vez analizado o proxecto construtivo, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade informou favorablemente posto que non son previsibles efectos adversos significativos.

Con esta resolución, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático pon fin á tramitación ambiental posibilitando que a Axencia Galega de Infraestruturas continúe coa execución do proxecto.

O trazado terá unha lonxitude próxima ós dez quilómetros  dende o final da autovía Santiago-Brión ata o treito Martelo-Noia. Trátase dunha primeira fase que supón máis do sesenta por cento do total do corredor.