O BNG denuncia novos recortes no CEIP de Palmeira e no IES Número 1

RIBEIRA> O BNG fíxose eco do anuncio da consellería de Educación, que un curso máis, volverá a facer recortes no colexio de Palmeira e no IES Número 1 de Ribeira.

Segundo informaron en Palmeira, Educación prevé o peche dunha unidade educativa e reducirá as horas do mestre de Pedagoxía Terapéutica, que de cara ó curso que vén será compartido con outros dous centros máis.

A situación tampouco é moito mellor no IES Nº1, que sufrirá a perda dun profesor de cara o vindeiro curso escolar.

Ante estes novos recortes, o BNG xa anunciou que rexistrará iniciativas no Parlamento Galego para esixirlle á Xunta que rectifique na súa decisión.

Os nacionalistas mostraron tamén a súa preocupación polo que lle está a suceder ultimamente á parroquia de Palmeira, que está a padecer unha merma paulatina de servizos, sen que o goberno local faga nada por remedialo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí