Rianxo mobilizará 166 mil euros nunha nova convocatoria de axudas para a ARI

RIANXO> Un total de 22 concellos, entre eles Rianxo, asinaron o convenio coa administración autonómica e central para desenvolver novos proxectos nas áreas de rehabilitación integral. No concello barbanzán mobilizaranse 166 mil euros.

O convenio asinado polo concello de Rianxo coa Consellería de Vivenda e o Ministerio de Mobilidade permitirá acometer seis novas actuacións na Área de Rehabilitación Integral por valor de 166 mil euros.

Os propietarios poderán optar a un máximo de 24 mil uros por vivenda pudendo executar a rehabilitación ata o ano 2025. Pola súa banda, os concellos recibirán tamén axudas para a urbanización de espazos públicos incluídos nestas áreas e sufragar os gastos das oficinas de rehabilitación. Con estas seis novas intervencións xa son noventa as rehabilitacións executadas tanto no casco urbano de Rianxo como en Fincheira e Rianxiño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí