Incendian unha furgoneta intencionadament diante do taller Motonova de Ribadumia

RIBADUMIA> Incendian de forma intencionada unha furgoneta aparcada diante do taller Motonova de Ribadumia. O lume ademais de esnaquizar o vehículo, rompeu a fiestra, queimou a fachada e causou danos nalgunha moto do interior do taller. A garda civil xa traballa para atopar aos delincuentes, pero a primeira investigación xira ao redor dunha persoa que ameazou ao propietario por whatsapp.

Ás 4 desta madrugada saltaron as alarmas na rúa do Freixo de Ribadumia por motivo dun gran incendio que afectaba a un vehículo. Garda Civil e Bombeiros do Salnés desprazáronse ata o lugar e atoparon unha furgoneta incendiada xusto diante do taller Motonova.

O dono do establecemento chegou ao redor das catro e media ao lugar e o lume aínda estaba moi vivo. Os bombeiros conseguiron controlar e reducir o fogo e unha vez rematado comezaron as primeiras investigacións, segundo explica o propietario do vehículo e do taller, as forzar de seguridade aseguráronlle que o incendio fora provocado.

O propietario, en declaracións ao canal rías baixas, tamén explicou que a furgoneta estaba en perfecto estado, que non era un vehículo vello nin que tivera problemas como para incendiar de repente.

A incidencia do lume queda patente nas imaxes, onde pode observarse como deixou a furgoneta esnaquizada e afectou de maneira considerable á fachada do edificio. Segundo indica o dono, o lume queimou a pedra exterior e parte da porte, rompeu a fiestra e provocou danos no interior: unha moto sufriu importantes queimaduras na zona traseira, o chan derreteuse un pouco e por motivo do fume, algunhas motos estanse oxidando.

As primeiras investigacións sinalan a que o lume foi intencionado e a garda civil xa traballa en atopar aos culpables. O primeiro sospeitoso é unha persoa que días antes ameazou ao propietario por Whatsapp. Segundo explica este, as ameazas chegaron por motivos persoais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí