Sanxenxo e Sareb asinan un convenio para crear espazos naturais, un campo de golf e 1600 vivendas

SANXENXO> O concello de Sanxenxo e a Sareb asinan un convenio para a creación de espazos públicos de calidade. Grazas a este acordo, Sanxenxo obterá 1,7 millóns de m2 que destinará a espazos naturais, a creación de máis de 1600 vivendas e un campo de golf.

O concello de Sanxenxo e a Xestora Urbanística Servliland asinaron un convenio para promover unha modificación puntual do PXOM da vila en tres chans urbanizables propiedades na súa maioría de Sareb. En total serán máis de 1,7 millóns de m2 que o concello destinará a espazos naturais, a creación de vivendas e a un campo de golf. Un dos espazos nos que se actuará é no Alto de Miraflores.

O segundo dos sectores nos que se actuará é en Monte Faro. Localización na que se creará o campo de golf.

E a terceira das zonas é en Altamria Vilalonga. Un espazo onde predominarán as vivendas a prezos asumibles para que poidan acceder a elas a xente moza.

Dende o concello celebraron a importancia do convenio como un dos máis importantes da historia do concello. Telmo Martín agarda que os trámites poida realizarse con celeridade para que a modificación poida estar aprobada antes do nadal.