Barbanza Arousa presenta a terceira edición de ‘Paisaxes Sonoras’

BARBANZA> Barbanza Arousa volve a apostar este ano por ‘Paisaxes Sonoras’, unha iniciativa que chega este ano xa a súa terceira edición.

A Mancomunidade fai unha aposta importante por esta proposta, que en anos anteriores, incluso en plena pandemia, tivo grande éxito de participación. Nela conxúgase natureza e recursos turísticos con música.

En total serán catro concertos. Un en cada concello que integra a Mancomunidade. Arrancará na Pobra o próximo 25 de agosto coa actuación de Alice Wonder. Ó día seguinte tocaralle o turno a Ribeira co concerto de Alba Reche. O día 27 actuarán en Boiro  Davide Salvado e Cibrán Seixo, poñendo o peche a esta edición do festival os Saxos de Averno en Rianxo.

As entradas xa están á venda, podéndose retirar a través da plataforma Wegow. O abono para os catro días será a un prezo de 20 euros, mentres que entradas individuais serán por 7.