Porto do Son celebrará este sábado a XXVIII Festa do Polbo

PORTO DO SON> Porto do Son acollerá este vindeiro sábado a 28 edición da Festa do Polbo, unha das citas gastronómicas máis multitudinarias das que se celebran na comarca.

A exaltación, que volverá a estar organizada polo Concello, desenvolverase na zona portuaria. Non faltará tampouco o afamado polbeiro de Vedra, Manuel Veloso. El será o encargado de cociñar o cefalópodo.

Como é tamén tradición nos últimos anos, levarase a cabo tamén a Ruta do Polbo, unha camiñada de 27 quilómetros e dificultade alta, que cruzará dende a ría de Arousa ata a de Muros-Noia, a través dos Chans do Barbanza, para rematar en Porto do Son.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí