Entrecontos animará ós cativos noieses a ler en galego

NOIA> A concellería de Cultura de Noia porá en marcha un programa de animación á lectura infantil. ‘Entrecontos’ desenvolverase ó longo dos meses de febreiro e marzo. Está dirixido a nenos de entre dous e dez anos.

Esta sala da casa da cultura de Noia converterase nun lugar máxico onde facer voar a imaxinación. Tódolos venres e sábado, de seis a sete da tarde, desenvolverase unha sesión de Entrevontos, o programa que a partir desta semana porá en marcha a concellería da Cultutra para promover a lectura infantil en galego.

Aínda que esta primeira edición de Entrecontos desenvolverase tan só os meses de febreiro e de marzo, o obxectivo do concello é darlle continuidade converténdoa nunha actividade fixa da programación cultural.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí