A Confraría de Cambados insiste na necesidade de actuar na lonxa de Tragove ‘de xeito urxente’

CAMBADOS> A Confraría de Cambados reclama unha actuación urxente na lonxa de Tragove. No pósito alertan do estado no que se atopan as instalacións. Levan sen renovarse dende comezos dos 90.

Hai tempo que o reclaman, pero  de momento non obtiveron resposta. A Confraría de San Antonio de Cambados urxe á Xunta a que actúe de xeito urxente na lonxa de Tragove. No pósito reclaman unhas instalacións acordes ós novos tempos e á altura do volume de negocio do sector na vila.

A Confraría leva tempo reclamando esa actuación. A petición foi trasladada xa á Xunta, aínda que polo de agora o goberno galego non confirmou ningunha partida para a mellora das instalacións. No pósito din que cómpre tomar medidas xa, porque en certos aspectos se está a roza-la ilegalidade.

A lonxa de Tragove leva sen renovarse dende comezos dos anos 90. O patrón entende que, tal como se renovaron outras lonxas da zona, agora é a quenda da cambadesa.

O patrón maior tamén reclama que no pantalán de San Tomé se instale luz e auga. Explica que xa se presentaron varias solicitudes por escrito, sen resposta polo de agora.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí