Os vándalos estragan una das esculturas da Fonte dos Nenos

PONTEVEDDRA> Os vándalos estragan unha das estatuas da Fonte dos Nenos, na glorieta de Compostela de Pontevedra. A Policía Local xa traballa para localizar ao grupo de mozos responsable, que foi gravado polas cámaras de seguridade da contorna. Co seu comportamento, conseguiron arrincar da súa fixación unha das tres figuras.

A Policía Local de Pontevedra busca aos autores do último acto vandálico contra a Fonte dos Nenos, na céntrica Glorieta de Compostela.

Segundo o voceiro da policía, as pesquisas están moi avanzadas. O grupo foi gravado polas cámaras de seguridade da contorna e os axentes localizaron tamén varias testemuñas.

A estatua xa foi retirada polos servizos técnicos municipais. Están a avaliar os danos sobre a peza, que sofre desperfectos á altura das pernas.

Dende a Policía Local animan aos autores a presentarse voluntariamente. Xesto que se consideraría un atenuante no caso dunha condena.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí