A Xunta investiu máis de 430 mil euros en melloras nos polígonos do Barbanza

POBRA> Acompañada do alcalde, José Carlos Vidal, e representantes da entidade de conservación do polígono da Tomada, a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, achegouse ata este parque empresarial para comprobar o resultado das obras levadas a cabo nel e que permitiron a renovación do firme en varias vías.

A actuación contou cun orzamento duns 110 mil euros.

Dende o Concello agradeceron esta intervención, que permitiu reforzar as condicións de seguridade no polígono, así como tamén a mellora do estado xeral do parque empresarial.

A delegada aproveitou a súa visita á Pobra para anunciar unha nova liña de axudas da Xunta para a mellora de polígonos, cun orzamento de 3’2 millóns de euros, animando ós concellos do Barbanza a acollerse novamente a ela.