NOIA> As lousas de pedra da fachada do Edifico Isla Esmeralda, en Noia, víñanse abaixo fai un mes. Pero este feito non colleu de imprevisto ós veciños do inmoble. Aseguran, viven entre humidades e filtracións de auga dende que se mudaron ó edificio.
Son un total de 50 vivendas afectadas, 30 da cales de protección oficial. Beatriz comprou o seu piso no ano 2008 e segundo explica, os problemas van a máis.
En 2016 gañaron o primeiro xuízo contra a promotora do inmoble, Toarinco Inversiones, e no 2017 a Audiencia Provincial volveu a dárllela razón. Case tres anos despois, as solucións non chegan. Polo que piden axuda.
Este mesmo sábado, os afectados do Edifico Isla Esmeralda convocan unha concentración ás 12 da mañá, na rúa do Curro de Noia. Mobilízanse para ter unha vivenda digna.