Investigan a un menor en Rianxo por tráfico de drogas

RIANXO> A Garda Civil de Rianxo abriu unha investigación a un menor da localidade por un presunto delito de tráfico de drogas, ó que se lle sumou tamén outro de desobediencia grave.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, dous axentes de paisano observaron como o menor entregaba nunha terraza a outros dous mozos, varios anacos de haxix, recibindo diñeiro a cambio.

Cando os axentes intentaron identificalo, o mozo emprendeu a fuxida, aínda que posteriormente foi neutralizado.

No rexistro ás súas pertenzas atopáronlle unha bolsa de plástico con 8 anacos máis de haxix, diverso diñeiro en metálico e unha pastilla de éxtase.

No momento da identificación foi cando os axentes se decataron de que se trataba dun menor, polo que procederon a informar de todo o acontecido ós seus pais.

As dilixencias instruídas fóronlle remitidas tamén á Fiscalía de Menores da Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí