O Conservatorio de Ribeira organiza o I Seminario ‘Frautisimamente’

RIBEIRA> O conservatorio de Ribeira acollerá o primeiro Encontro Frautisimamente. Componse dunha xornada por trimestre. A primeira terá lugar esta fin de semana darán comezo esta fin de semana dirixida por Adrián Silva, da banda de música municipal da Coruña.

Tres xornadas compoñen o I Seminario Frautisimamente que organiza o Conservatorio de Ribeira co obxectivo de aumentar a oferta educativa do centro.

O primeiro dos encontros terá lugar esta fin de semana, o sábado en horario de tarde e o domingo durante toda a xornada. Estará dirixido por Adrían Silva Magdalena, frauta da banda de música municipal da Coruña.

Os outros dous encontros desenvolveranse as últimas fins de semana de febreiro e xuño e contarán coa presenza de César Concheiro, profesor do Conservatorio da Coruña e Silvia Roza, frauta solista da orquestra da ópera de Hannover.

As prazas para esta fin de semana xa están completas pero quedan vacantes para as dúas xornadas posteriores. Os interesados poden contactar co conservatorio de Ribeira para realizar a súa inscrición.