VILAGARCIA> Vilagarcía presenta a décima edición do Ameixa Rock. O festival levará a vindeira fin de semana música de primeiro nivel a Carril con artistas como Miguel Costas e Ruxe Ruxe. O evento inclúe numerosas actividades culturais para dar a coñecer a parroquia.
O Ameixa Rock regresa un ano máis a Carril para cumprir o seu décimo aniversario. O evento levará a Carril música de primeiro nivel durante a vindeira fin de semana. Abrirase a edición coa celebración do carnaval rock o venres 2. O sábado pola mañá terán lugar a visita guiada a Cortegada e os talleres de marisqueo. A música comezará dende o medio día.
Liberad al Kraken é un grupo emerxente gañador do concurso de bandas. Dende o concello felicitan ao festival por dar oportunidades aos grupos que están comezando.
A edición de este ano estará dedicada a Mulet. Antigo presidente do Gato Negro e unha persoa que traballou moito por Carril.
Ademais do éxito musical e de promoción de Carril, dende o concello destacan o importante papel do festival para poñer en valor a cultura da parroquia.
Para celebrar a décima edición do festival, a organización presentou no Gato Negro de Carril a exposición que lembra o 10 anos do festival a través de diferentes imaxes como os carteis promocionais de cada edición.