O éxito da ‘Maleta Viaxeira’ leva á Subdelegación a ampliar o número de exemplares

PONTEVEDRA> Mavi, a Maleta Viaxeira da Subdelegación do Goberno de Pontevedra, non ten parada. Hoxe marchou cara o concello de Covelo, para levar aos veciños a súa lectura relacionada co feminismo, a igualdade ou a violencia machista. A iniciativa é un éxito: actualmente hai 19 administracións e asociacións agardando a súa visita. Tanto é así que dende a Subdelegación pretenden sumar máis maletas ao proxecto.

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra fará crecer un dos seus proxectos. Mavi, a Maleta Viaxeira que leva por concellos e asociacións un catálogo de libros de temática feminista, sobre a igualdade ou sobre a violencia machista, deixará de ser un exemplar único.

A día de hoxe son 19 as asociacións e administracións que agardan pola visita de Mavi.

Non só haberá máis maletas. Tamén se ampliará o catálogo de libros. Buscando ademais obras de escritoras locais e menos coñecidas, contactando cos Centros de Información á Muller.

Hoxe Mavi marchou para o concello de Covelo. Será a súa terceira parada.

Antes xa pasou polo concello de Mondariz e polo centro penitenciario da Lama.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí