Batería de actividades en Cambados para a defensa e posta en valor do medio ambiente

CAMBADOS> Cambados pon en marcha un completo programa de actividades medioambientais para este outono. As propostas buscan fomentar hábitos saudables entre toda a veciñanza poñendo en valor os espazos naturais do municipio, con iniciativas como ioga ao aire libre, observación de estrelas ou andainas para descubrir a flora e fauna da contorna. O programa inclúe tamén unha campaña divulgativa entre a rapazada, con xogos que van repartir polos colexios.

Coa chegada do outono Cambados pon en marcha a súa maquinaria en defensa do medio ambiente. Para os vindeiros meses, o goberno local deseñou un completo programa de actividades centradas na divulgación e defensa de valores naturais.

Dentro do programa inclúense distintas propostas a desenvolver en espazos naturais cambadeses.

Tamén se van organizar varios percorridos para a observación de flora e fauna.

Todas as actividades son de balde, con inscrición previa e pensadas para un público amplo. Ademais, outra pata clave do programa é a divulgación entre a rapazada.

Deste xogo vanse repartir uns mil exemplares polos distintos centros escolares. Por último, tamén se vai editar un tríptico centrado na rede de espazos de lecer e miradoiros do concello de Cambados, co obxectivo de fomentar rutas saudables a pé ou en bicicleta.