MARÍN>Xa están rematadas as obras no treito urbano da PO-11 en Marín. A avenida de Ourense loce xa a súa nova imaxe, cunha beirarrúa máis ampla na liña dos edificios, a renovación do pavimento, da iluminación e do mobiliario urbano, e unha nova rotonda que permite un tráfico máis fluído. Trala súa recepción por parte do Ministerio de Transportes, nos vindeiros días será transferida ao concello mariñense.
As obras de humanización do tramo urbano da PO-11 en Marín xa están rematadas. A avenida de Ourense loce unha nova imaxe nun treito de 1,6 kilómetros, dende a entrada do municipio ata o faro da Escola Naval. A actuación contou cun orzamento de 1,1 millóns de euros.
A intervención supuxo unha ampliación das beirarrúas na liña dos edificios, a mellora dos servizos soterrados ou a renovación integral do pavimento, da iluminación e do mobiliario urbano. Tamén a construción dunha glorieta para rematar coas retencións nun cruce antes regulado por un semáforo.
Tanto Subdelegación como concello puxeron en valor o bo entendemento entre as dúas administracións. Poñendo a actuación como un exemplo de cooperación.
A obra xa foi recepcionada polo Ministerio de Transportes. Nos próximos días será transferida ao concello de Marín.











