Vilagarcía instalará unha rotonda na avenida de Cambados entre a rúa Fontercarmoa e rúa Vista Alegre

VILAGARCIA> Vilagarcía investirá 190 mil euros na creación dunha rotonda na avenida de Cambados. A intersección localizarase no tramo entre a Rúa Vista Alegra e a Rúa Fontecamoa. Con esta rotonda, eliminaranse tanto os semáforos desa zona como os da entrada ao barrio do Piñeiriño, reordenando o tráfico para facer máis fluída a circulación.

Trala peonalización da Rúa Camilo José Cela no barrio do Piñeiriño e a instalación das ciclo vías na avenida de Cambados, o concello de Vilagarcía realizará agora unha nova actuación nesa zona para mellorar o tráfico rodado. O goberno local presenta un proxecto para construír unha rotonda na avenida de Cambados no tramo entre a Rúa Vista Alegra e a Rúa Fontecamoa.

A rotonda non terá máis cunha leve elevación para favorecer o tránsito de autobuses e camións.

A actuación que ten un custo de 190 mil euros permitirá mellorar tamén as beirarrúas da zona e os pasos elevados. Ampliando a rede de camiños escolares seguros.

O proxecto ven acompañado dunha modificación da ordenanza de tráfico para favorecer o tránsito dos vehículos. Eliminaranse os semáforos nesa zona e na entrada ao Piñeiriño e os vehículos só poderán xirar á dereita neses cruces. Co isto, as entradas a o barrio do Piñeiriño pola avenida de Cambados só poderán facerse en dirección a Vilagarcía e non a Vilaxoán.

O proxecto xa saíu a licitación e as empresas poden presentar as súas ofertas. Unha vez adxudicado a empresa terá un prazo de execución de tres meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí