RIBEIRA> A primeira hora desta mañá pasaban a disposición xudicial nos Xulgado de Instrución Número 3 de Ribeira os tres detidos polo intento de homicidio do mozo marroquí de 27 anos ocorrido esta pasada fin de semana.
Para dous deles, de orixe dominicana, a xuíz decretou o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza. Un sería E.R, de 32 anos, presunto ‘cabecilla’, xa con antecedentes anteriores por tráfico de drogas. ö parecer o presunto autor do disparo mentres que o outro dos prendidos sería o responsable das coiteladas.
Tamén pasaba a declarar ante a xuíz o terceiro dos detidos, tamén de orixe dominicana. Ó parecer esta foi a persoa que actuou de encubridora, a que conducía o vehículo no momento da detención en Tui, cando intentaban fuxir cara a Portugal. Para el a xuíz decretou a súa posta en liberdade.
Mentres tanto a vítima continúa hospitalizada no Clínico de Santiago. Evoluciona favorablemente e xa está en planta, aínda que o seu pronóstico segue sendo reservado.