Malestar no BNG pola negativa do Concello a cederlle o uso do Pazo de Goiáns

BOIRO> O BNG tiña previsto celebrar o pasado 29 de setembro unha comparecencia da súa portavoz nacional no Pazo de Goiáns. Unha semana antes do acto, presentaron no Concello a solicitude do permiso, pero para a súa sorpresa, un día antes do mesmo, o executivo local decidiu denegarlle a petición, argumentando que a actividade prevista incumpría o acordo de usos establecidos co Ministerio de Cultura cando se efectuou a súa compra.

A decisión non caeu ben nos nacionalistas, que consideran que a xustificación dada polo equipo de goberno non ten fundamento xurídico.

Segundo eles a negativa do Concello responde máis ben a unha decisión arbitraria e mal intencionada.

Esta mañá os nacionalistas xa presentaron un recurso no Concello para que se declare nula esta decisión e se lles permita poder realizar o acto como tiñan previsto.

Dende o BNG entenden que a medida é unha falla de respecto cara a súa organización política e recordan que nos últimos anos, con gobernos de distintos signos políticos, nunca se vetou a ningunha organización política o uso dun inmoble municipal.