O BNG urxe á Xunta unha solución inmediata ás eivas no transporte público na Barbanza

RIBEIRA> O BNG da Barbanza faise eco novamente  das queixas da veciñanza da comarca referidas ós constantes atrasos dos horarios de autobuses, a falla de espazo no transporte escolar ou os problemas que ten a mocidade coa tarxeta Xente Nova.

Os deputados Rosana Pérez e Paulo Ríos, acompañados dos voceiros municipais en Ribeira, Boiro e a Pobra, reclamáronlle á Xunta unha solución inmediata a todos estes problemas, poñendo o branco das súas críticas na empresa concesionaria do servizo, que actúa con total impunidade.

Ante esta situación, anunciaron que se estudarán novas accións, entre elas unha nova iniciativa no Parlamento para tratar de darlle unha solución satisfactoria de xeito urxente e inmediato.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí