PONTEVEDRA> A ciencia confirma que o albariño é autóctono de Galicia. Un estudo publicado recentemente pola Misión Biolóxica demostra que esta variedade de uva xa se cultivaba na nosa comunidade na Época Romana. Un descubrimento importante para o sector do viño que pon fin a centos de lendas.
Centos de lendas situaban a orixe do albariño en Francia e outras moitas en Alemaña, pero tras moitos anos de investigación, un estudo publicado recentemente neste xornal australiano confirma que o albariño é galego. O estudo, realizado pola Misión Biolóxica de Galicia demostra que esta variedade de uva xa se cultivaba na nosa comunidade na época romana.
Neste estudo analizáronse sementes atopadas en tres xacementos arqueolóxicos: O Areal, en Vigo; a Reza Vella, en Ourense e Ponte do Burgo, en Pontevedra. Nas da Reza Vella, os investigadores determinaron a presenza de vitis sylvestris, mentres que as da Ponte do Burgo eran variedades xa domesticadas ou en proceso de domesticación. Sen embargo as do Areal mostraban unha gran similitude coas do albariño.
Mentres que as sementes da Ponte do Burgo remóntase á Idade Media, tanto ás da Reza Vella como as do Areal datan da Época Romana. O seguinte paso será confirmar todos estes datos realizando o ADN.
A directora de Viticultura da Misión Biolóxica asegura que este estudo soamente ven a confirmar o que xa sospeitaba dende hai anos. Sen embargo, as repercusións que este traballo terá para o mundo do viño son inmensas.