Sae a exposición pública o trazado da variante de Ribeira

RIBEIRA> A Conselleira de Infraestruturas presentou en Ribeira o proxecto da variante do municipio que hoxe mesmo saíu á exposición pública. A obra executarase en dúas fases e suporá un investimento de nove millóns e medio de euros.

O Diario Oficial de Galicia saca hoxe a exposición pública o proxecto da variante de Ribeira. os titulares das cento dezanove parcelas afectadas disporán de prazo ata o 24 de abril para presentar alegacións. Este trámite marca o inicio do procedemento administrativo que podería concluír a finais deste ano coa licitación da obra, prevista en dúas fases.

A obra suporá un investimento total de nove millóns de euros e contribuirá notablemente á mellora da mobilidade en Ribeira, reducindo nun cincuenta por cento os tempos de percorrido pola circunvalación ó tempo que se desconxestiona o tráfico no casco urbano.

Ademais deste investimento, a Conselleira indicou outros proxectos previstos no concello barbanzán como a construción dunha senda peonil de Padín a Deán Pequeno ou a mellora da travesía de Palmeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí