Boiro contará cun parque canino a partir deste Nadal

BOIRO> Habilitarase nunha parcela situada detrás do parque da Cachada cunha superficie útil próxima ós mil metros. Disporá de xogos para mascotas e unha fonte dobre.

O elevado número de cans censados en Boiro, preto de 2500, levou ó concello a habilitar o primeiro parque canino do municipio. Será na rúa Manuel María, nunha parcela de titularidade municipal situada ó carón do parque da Cachada.

O acondicionamento da parcela suporá un investimento próximo ós 30 mil euros. Estará demilitada por un valado perimetral e contará con xogos para mascotas, bancos, papeleiras e unha fonte.

O concello agarda que a nova instalación estea operativa de cara ó Nadal posto que o prazo de execución do proxecto é de dous meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí