POBRA> A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, acompañou esta mañá a unha vintena de mozos nunha visita ás instalacións da empresa Congalsa.
Trátase dunha actividade encadrada no programa Mentoring impulsado pola Xunta de Galicia co obxectivo de asesorar e formar a xuventude na súa transición á vida laboral tras rematar os estudos de grao ou Formación Profesional.
Os mozos tiveron tempo de coñecer de primeira man o funcionamento e as dinámicas desta empresa dedicada á fabricación de alimentos precociñados ultraconxelados.
Na súa visita, Lara Meneses puxo en valor este programa da consellería de Cultura pola a súa importante aportación e valía á hora de conseguir mellorar a empregabilidade da xuventude.
O programa Mentorin está cofinanciado polo Fondo Social Europeo na Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 80%, con cargo Ó Programa operativo de emprego xuvenil, para o período 2014-2020.











