As liñas de alta tensión desaparecerán do centro de Vilalonga

SANXENXO> As liñas de alta tensión que saen da subestación de Vilalonga, en Sanxenxo, van desaparecer da paisaxe da zona. A actuación tamén contempla a integración da subestación na contorna, a través dunha nova estrutura. Estas melloras teñen un investimento por parte de Naturgy que supera os tres millóns de euros. Estará rematada nun prazo máximo de tres anos.

Unha das vellas demandas dos veciños de Vilalonga, en Sanxenxo, está máis preto de facerse realidade. Naturgy vai reformar a subestación que está situada en pleno centro da localidade. A actuación contempla a integración do parque na contorna e o soterramento das dúas liñas de alta tensión.

A compañía eléctrica investirá máis de tres millóns de euros na integración da subvestación na contorna e no soterramento desas liñas de alta tensión.

O anuncio chega un ano despois de que Naturgy cedese ao concello por 99 anos unha parcela xa sen uso, onde se instalou unha marquesiña e se crearon dez prazas de estacionamento.

A instalación da nova estrutura sobre a subvestación será compatible con futuras reformas que poida precisar. A nova instalación contará ademais con tecnoloxías de telecontrol e sensorización para mellora-los tempos de resposta en caso de emerxencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí