Meus Viños consolídase en Meis cunha teceira edición que superou as previsións

MEIS> Éxito de celebración das xornadas das terceiras xornadas de autopromoción vitivinícola de Meus Viños, no concello de Meis. Centos de persoas visitaron a vila ao longo do fin de semana superando con creces as máis de mil copas vendidas na edición anterior. O éxito da celebración supón a consolidación dunha festa que xa pensa en volver continuar crecendo no vindeiro ano.

Dende o concello de Meis cualificaban a celebración da terceira edición de Meus viños como unha proba de fogo para coñecer se a festa gustaba entre a veciñanza. E o resultado non puido ser máis exitoso. Centos de persoas visitaron a vila durante a fin de semana superando con creces as máis de mil copas vendidas no 2019. Unhas xornadas para celebrar a importancia da viticultura en Meis.

Trala edición do 2019 que foi a primeira, a do 2021 fíxose adaptada a pandemia. Esta volveu á normalidade e todos os eventos realizados completáronse, tanto os showocooking, como o túnel do viño e a cata. Unha festa que pon de manifesto a calidade dos viños de Meis.

Durante os tres días de celebración a carpa estivo repleta de persoas que quixeron gozar dos viños das adegas ou dos viticultores de Meis. O pregón do evento correu a cargo de Loli Calvo, presidenta de Condes de Albarei e meisina do ano.

A carpa de Meus Viños de feito quedou pequena para todos os visitantes que se achegaron a gozar da festa. Dende o concello consideran que o éxito desta edición significa a consolidación da festa e xa pensan en ampliar os espazos no vindeiro ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí