Abraldes lembra que Landín prometía no 2019 construír o ambulatorio no terreo ao que agora se opón

BARRO> O alcalde de Barro defende o emprazamento elixido para a construción do novo centro de saúde, que se vai erguer nos terreos do actual ambulatorio.

Di non entende-las críticas do exalcalde Landín, agora de Xuntos por Barro, porque -segundo lembra Abraldes- cando el estaba na alcaldía apoiaba a construción do centro de saúde nese punto.  Unha posición que mantivo cando se presentou ás eleccións no 2019.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí