BARRO> O concello de Barro pon a disposición da Xunta de Galicia os terreos para construír o novo centro de saúde. O actual ambulatorio presenta numerosas carencias que incomodan aos profesionais e aos pacientes. A superficie ofrecida cuadriplica a actual e contaría con espazo suficiente para dar cabida ao centro médico e todos os seus servizo.Barro conta cun terreo con capacidade para albergar o novo centro médico e os seus servizos
O concello de Barro necesita un novo centro médico. Dende o goberno local sinalan que o actual ten numerosas carencias impropias deste século. Estas carencias dificultan a comodidade dos profesionais e dos pacientes.
Dende a vila levan meses solicitándolle á Xunta a creación dun novo ambulatorio. Fartos de esperar a que a consellería se involucre, toda a corporación municipal aprobou en pleno ofertar os terreos dispoñibles ao Sergas para a creación do novo centro.
Os terreos postos a disposición da consellería están próximos ao actual centro. A idea do goberno local é manter o ambulatorio no casco urbano. A superficie ofrecida ten capacidade para albergar o novo centro e todos os seus servizos.
A construción do novo ambulatorio non afectaría ao funcionamento do centro actual. Dende o goberno local agardarán a que se solucione a crise epidemiolóxica actual para retomar o contacto coa xunta e que comezar a traballar no novo centro médico de Barro.